Coccinella magnifica Redtenbacher, 1843

García, Fede García, 2018, Sobre alg ̇ ns mirmecófilos galegos, cunha especie nova para España, Microdon myrmicae Schönrogge et al., 2002 (Diptera: Syrphidae), e Coccinella magnifica Redtenbacher, 1843 (Coleoptera: Coccinellidae) nova para Galicia., Arquivos Entomolóxicos 19, pp. 139-146 : 141-142

publication ID

https://doi.org/ 10.5281/zenodo.12767792

persistent identifier

https://treatment.plazi.org/id/843687FD-FF95-4423-FF01-013BFA969F10

treatment provided by

Felipe

scientific name

Coccinella magnifica Redtenbacher, 1843
status

 

Coccinella magnifica Redtenbacher, 1843

Aínda que pola relación que manteñen tanto reirreis coma formigas cos áfidos os dous taxóns veñen a atoparse frecuentemente na natureza, nos Coccinellidae hai poucas especies mirmecófilas ( Vantaux et al., 2012), entre as cales atópase C. magnifica .

É unha especie distribuída por grande parte do Paleártico ( Godeau, 2007), moi semellante ó reirrei de sete puntos Coccinella septempunctata Linnaeus, 1758 , da que é posible distinguila polo perfil do corpo máis globoso ( Fig. 5), polas manchas brancas nos epímeros posteriores ( Fig. 6), pola beira redondeada do frontal do pronoto ( Fig. 7) e pola escultura reticulada nos élitros ( Fig. 8 View Fig ) en C. magnifica , segundo Majerus (1989), Bensusan et al. (2006) e Eizaguirre (2015).

A ṡa asociación con formigas está ben establecida en Inglaterra e outras áreas europeas, aínda que noutras rexións podería non estar asociada a elas ( Donisthorpe, 1927; Sloggett et al., 2002).

As máis das veces está citada asociada con diversas especies de Formica do grupo rufa , que constṙen formigueiros dómicos con materia vexetal. O gran tamaño das colonias das formigas dese grupo supón que atenden grandes colonias de áfidos que ademais son máis persistentes no tempo ( Sloggett & Majerus, 2000).

C. magnifica é unha especie xeneralista en canto os áfidos sobre os que depreda. Atópase preto tanto dos niños das formigas e das ṡas pistas, coma nas colonias de áfidos atendidas por elas ( Sloggett et al., 1998; Godeau et al., 2009). Os seus ovos e larvas inducen menos agresividade por parte das formigas cas de C. septempunctata , pero non así nos adultos, nos que para facer fronte aos ataques teñen que empregar adaptacións etolóxicas ( Sloggett et al., 1998; Sloggett & Majerus, 2003; Godeau et al., 2009).

Material estudado:

— Parga, Guitiriz (Lugo). 5-VII-2014. 43º 9’ N 7º 50’ O. 450 m. Dous exemplares: un sobre formigueiro de Formica pratensis Retzius, 1783 , o outro sobre a xesta que estaba situada xusto á carón do mesmo niño. En ámbolos casos os reirreis estaban rodeados de formigas, xa que atendían áfidos na planta.

Formica pratensis é de distribución paleártica, sendo na Península Ibérica de presencia case xeral no norte e estando no resto restrinxida ás montañas ( Tinaut et al., 2011). En Galicia é una especie abondosa en medios abertos (obs. pers.); na localidade da cita prefire para a construción dos niños as beiras das fincas con prados. A ṡa asociación con C. magnifica xa era coñecida para Alemaña ( Sloggett et al., 2002).

Un exemplar depositado na colección do autor; o outro no MCNB (rexistro MZB-2018-0371).

MCNB

Museu de Ciències Naturals de Barcelona

Kingdom

Animalia

Phylum

Arthropoda

Class

Insecta

Order

Coleoptera

Family

Coccinellidae

Genus

Coccinella

Kingdom

Animalia

Phylum

Arthropoda

Class

Insecta

Order

Coleoptera

Family

Coccinellidae

Loc

Coccinella magnifica Redtenbacher, 1843

García, Fede García 2018
2018
Loc

C. magnifica

Redtenbacher 1843
1843
Loc

C. septempunctata

Linnaeus 1758
1758
Darwin Core Archive (for parent article) View in SIBiLS Plain XML RDF